O PP di que é o Concello o que ten que xestionar o centro de día de Corcubión

O grupo municipal do Partido Popular de Corcubión reiterou este venres, a través do seu voceiro, José Domínguez, que é o Concello o responsable de xestionar o centro de día construído polo Goberno Local e lembra que a Xunta de Galicia tense ofrecido hai meses a colaborar con axudas directas aos usuarios.

Os populares saen así ao paso das últimas protestas encabezadas polos grupos políticos do BNG, PSOE e Sempre Corcubión, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, nas que reivindicaban a apertura dun centro de día no municipio.

Domínguez recordou que a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou no Parlamento de Galicia que a Xunta colabora estreitamente cos concellos para mellorar a atención e os recursos ao alcance das persoas en situación de dependencia.

Neste sentido, o popular  instou ó concello de Corcubión a seguir o exemplo doutros municipios que impulsan centros de día de titularidade municipal, cos que a Xunta colabora. “Depende do alcalde poñer en servizo estas instalacións, logo, que ninguén dubide que o Goberno galego colaborará no seu funcionamento, como xa se realiza con outros centros de titularidade municipal, a través de axudas aos seus usuarios”, recordou.

Domínguez recordou tamén que o Goberno galego aposta por ofrecer ás persoas maiores diferentes alternativas e recursos.  Neste senso, o popular lembrou medidas como o incremento de prazas residenciais, o Bono Coidado no Fogar ou a rede de Casas do Mayor quen ten posto en marcha a Xunta.

“O que non imos permitir é que se engane e se utilice á veciñanza de Corcubión. A responsabilidade de poñer en marcha o centro de día é dos concellos, non se pode responsabilizar á Xunta de que o noso municipio non conta a día de hoxe con este servizo”, apuntou Domínguez, quen indicou que a súa formación non tomará parte de polémicas puramente partidistas.

Related posts

A Laracha | O ‘Outono de contos’ regresa para promocionar a lectura entre o público infantil

Cee | Chega a terceira xornada da sección para o público en xeral da XII Edición do programa ‘O Mes da Fundación’

Ampliada a capacidade da liña de autobús que conecta Fisterra con Cee e que continúa ata a Coruña