O PP di que os orzamentos da Xunta ‘blindan’ proxectos ‘clave’ para a Costa da Morte

Os deputados autonómicos do Partido Popular, Sandra Vilela, Paula Mouzo e Rubén Lorenzo, defenderon que os orzamentos aprobados pola Xunta de Galicia permitirán “blindar” proxectos “clave” no desenrolo económico e social das comarcas da Costa da Morte e de Bergantiños.

Os tres representantes populares coincidiron ao sinalar que os máis de 18 millóns de euros que o executivo autonómico investirá de forma directa nos municipios da zona reafirman o compromiso do goberno liderado por Alfonso Rueda cos veciños de ambas as comarcas.

En Bergantiños, Rubén Lorenzo comezou deténdose nos 3.3 millóns de euros que permitirán impulsar os parques empresariais dos concellos de Carballo (1,8) e de Coristanco (1,5).

En materia de abastecemento subliñou os 5,4 millóns incluídos no Plan Específico de Xestión de inundacións ARPSI Anllóns, e os investimentos de 540.000 euros  na zonas de Nantón e de Anos (Carbana de Bergantiños), os 900.000 euros que se destinarán en Laracha para a mellora da rede de saneamento, así como a partida de  260.000 euros para o aumento da resilencia en sistemas de abastecemento cofinanciadas polo FEDER no municipio de Coristanco.

En política social, Carballo levará 400.000 euros para financiar as obras da residencia de maiores, mentres que Malpica contará con 300.00 euros para a reparación dos departamentos do exportadores no porto, e con 250.000 para a mellora da operatividade da dársena.

Pola súa banda, Vilela e Mouzo quixeron destacar o gran investimento da Xunta na zona con obras tan importantes como o saneamento de Cee e Corcubión cun investimento de 3.66 millóns de euros ou a partida para a reforma da parte de urxencias de Hospital Virxen da Xunqueira de Cee que foi licitada en xuño deste ano con importe de 1.168.590 millóns de euros, ou os 2 millóns que se inclúen no orzamento para a vía de alta capacidade de Baio a Berdoias.

Ademáis, en materia de Portos, a Xunta investirá un total de 1.430.000 millóns de euros para financiar diferentes actuacións en Malpica, Fisterra, Muxía e Camelle, aos que haberá que sumar os cartos que permitirán a mellora da planta de Sogama en Cee con 50.000 euros ou os máis de 130.000 euros comprometidos para a redacción dos plans urbanísticos de Cee, Corcubión, Dumbría e Carnota.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha