O PP elixe os seus deputados provinciais dos partidos xudiciais de Ferrol, Santiago, Carballo e Barbanza

1 minutes read

No primeiro dos casos, os concelleiros de Ferrol e de Narón, Martina Aneiros e Germán Castrillón, ocuparán un lugar na institución provincial, deixando o segundo a súa acta de deputado aos dous anos en mans do alcalde de Mañón Alfonso Balseiro. Na comarca de Santiago os elixidos foron os composteláns Agustín Hernández e Evaristo Ben, o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a portavoz de Melide Dalia García Couso. Estes dous últimos permanecerán dous anos para, posteriormente, dar paso ao alcalde do Pino, Manuel Taboada, e ao portavoz de Dodro Valentín Alfonsín.

En canto ao partido xudicial de Carballo, o alcalde de Cabana, José Muíño, compartirá a acta de deputado co tamén rexedor de Laxe, José Luís Pérez Añón, permanecendo dous anos cada un no pleno provincial. Por último, e á espera das votacións definitivas que terán lugar este sábado, a proposta unánime dos populares é que os portavoces da Pobra e de Outes, Manuel Durán e Beatriz Muíños, compartan a súa acta co edil de Porto do Son, José Javier Pego, e a alcaldesa de Lousame Teresa Villaverde.