O PP esixe responsabilidades ao Goberno de Santa Comba por unha analítica que declara que a auga no é apta para o consumo

2 minutes read
Martín Suárez e Diego Calvo. _Pp Santa Comba.

O Partidto Popular de Santa Comba esixiu este mércores a través do seu candidato local, Martín Suárez Pais, responsabilidades ao Goberno municipal tras coñecer unha analítica rexistrada no Sistema de Información Nacional de Auga de Consumo (SINAC), do Ministerio de Sanidade, que cualifica como “auga non apta para o consumo”unha mostra da rede municipal.

Os populares, que explicaron que a mostra foi tomada o 31 de agosto deste ano, no punto da rúa Ourense da rede Santa Comba, reclaman ao Concello que explique cando recibiu o resultado, que medidas adoptou e por que non se informou aos veciños.

“Non pode ser que os veciños teñan que acudir ao Ministerio de Sanidade para coñecer un resultado deste tipo. O Goberno municipal debe dar explicacións e facelo con datas, documentos e feitos”, apuntou Suárez Pais

TODA A INFORMACIÓN

Neste línea, dende o Partido Popular de Santa Comba reclaman tamén toda a documentación relativa ás cisternas utilizadas durante a crise de abastecemento, incluídos os seus usos anteriores, limpeza e desinfección, controis, procedencia da auga e autorizacións correspondentes.

“Estamos a falar dun asunto moi importante que ten que ver coa saúde dos veiños. Se o Goberno municipal asegurou que esas cisternas estaban preparadas para transportar auga de consumo, debe acreditalo documentalmente”, declarou o candidato popular, quen incidiu en que “nun asunto tan sensible non abondan as explicacións verbais”.

Nesta mesma línea, os populares esixen a publicación do boletín completo e das análises posteriores, así como unha explicación pública sobre a xestión da crise. Sobre este asunto, Suárez Pais recordou que a normativa de limpeza e desinfección do interior das cisternas antes do inicio da actividade require requisitos de documentación e control.

“Esiximos que se publique o boletín completo e os análisis posteriores e que se explique o alcance territorial e temporal do incumplimento e da situación actual do suministro”, apuntou o popular, quen concluíu dicindo que “Santa Comba merece garantías, transparencia e un Goberno que dea a cara. A falta de auga non pode ser unha escusa para a falta de información”.