O Partido Popular da provincia da Coruña levará ao pleno da Deputación e aos 93 concellos da provincia unha moción na que esixirán o cesamento inmediato do Ministro de Consumo, Alberto Garzón, polo que definen como ‘reiterados ataques ao sector cárnico’, un dos máis produtivos e puxantes do país, e que leva anos mellorando os seus procesos para garantir a máis alta calidade alimientaria e o benestar animal.
No texto elaborado e que se enmarca nunha campaña nacional, o PP reclama tamén a rectificación inmediata por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, das declaracións realizadas por Garzón, á vez que esixen ao Ministro de Agricultura, pesca e Alimentación, competente na materia, que, cos datos de que dispón, desminta inmediatamente as afirmacións do seu compañeiro de gabinete e poña en marcha unha campaña nacional e internacional en defensa e apoio do sector gandeiro cárnico.