O PP gaña sen maioría en Aragón e dependerá de Vox para gobernar

Aragón celebrou este domingo as primeiras eleccións autonómicas adiantadas na historia da comunidade ao non lograr Azcón os apoios suficientes para os orzamentos de 2026. O Partido Popular de Jorge Azcón gañou as eleccións en Aragón con 26 escanos (dous menos), pero non logra a maioría absoluta e dependerá dun Vox fortalecido para gobernar (crecía de sete a 14), con máis do 90% dos votos escrutados. O PSOE de Pilar Alegría queda con 18 escanos, cinco menos. Chunta (seis), suma tres escanos; Existe (dous) perde un e Esquerda Unida-Sumar mantén o seu único escano. O PAR e Podemos saen das Cortes de Aragón.

Related posts

O socialismo vence nas presidenciais de Portugal

12 Medallas e 3 rércods da A.D. Fogar no Galego Júnior de Inverno de natación

El servicio jurídico de Vieiro atendió a 40 personas de toda la Costa da Morte durante el año 2025