O PP levará a pleno unha moción en apoio ao sector primario do Concello de Muxía

A voceira do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, Sandra Vilela, anunciou que a súa formación levará o próximo pleno unha moción coa que os populares pretenden mostrar o seu apoio ao sector primario –agricultores e gandeiros- e respaldar así as mobilizacións que se están producindo en todo o Estado.

Segundo afirman, o texto que defenderán os populares recolle as quince medias que inclúe o plan de choque reivindicado polo Partido Popular e que ten como obxectivo frear a crise que atravesa na actualidade o sistema agrario e agroalimentario de España.

Ante esta situación, e cun Goberno central que, segundo os populares, deu as costas ás demandas deste sector, Vilela considera que os agricultores e gandeiros españois non poden seguir soportando unhas cargas inasumibles, cuns requisitos e custos que afogan os seus beneficios, que non permiten garantir a súa rendibilidade e poñen en risco a sustentabilidade das súas explotacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha