A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, solicitou hoxe ao alcalde que permita un novo prazo de inscrición para o ‘Campamento de Ecoigualdade’, un programa que se organizou en dúas quendas e para o que se abriu un prazo de inscripción sen que se cubrisen as prazas ofertadas.
“Unha vez rematada a primeira quenda, existen por tanto, prazas libres para a segunda e varias nais se puxeron en contacto cos membros do noso grupo municipal mostrando interese en que se poidan volver presentar vos nenos e meniñas que xa foron a primeira quenda e parécenos unha idea positiva”, explicou Vilela.
Os populares lembran a importancia de que as administracións aposten por programa que permitan mellorar a conciliación laboral e familiar, en especial, apuntou Vilela, nas vacacións de verán, período no que as familias, dixo, teñen moitos máis problemas para iso.
Así, os populares solicitaron que se abra un novo prazo para que poidan apuntarse os nenos que así o queiran e, se ao final houbese máis nenos que prazas, se realice un sorteo para conceder as mesmas.