O PP pide agora a Fomento tren a Lavacolla sete anos despois de descartar a Xunta o metro lixeiro

A finais de 2012 o daquela conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, descartaba que, coa crise económica, a Xunta puidese construír a curto ou medio prazo metros lixeiros nas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago. Fora unha promesa electoral lanzada polo propio Feijóo como conselleiro en 2005 antes das autonómicas que quitarían a Fraga da Xunta e novamente como candidato nas eleccións de 2009 que o levarían a el á presidencia. En Santiago os estudos previos da Xunta contemplaban como «primordial» unha conexión da estación de tren co aeroporto de Lavacolla que quedou arrombada xunto co resto dos plans. Agora, sete anos máis tarde, o PP recupera aquela idea para esixirlle ao Goberno central do PSOE un estudo para “un novo acceso ferroviario que conecte a futura estacion intermodal de Santiago co aeroporto internacional de Lavacolla.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha