O PP pide explicacións polo envío a domicilio dunha publicación da Deputación da Coruña

O voceiro do grupo do Partido Popular, Evaristo Ben, esixiu a celebración dun pleno extraordinario na Deputación da Coruña para que o presidente, Valentín González Formoso, dea as explicacións oportunas sobre o envío indiscriminado dunha publicación a todos os domicilios da provincia na que se “venden” supostas obras e investimentos realizados pola institución nos 93 concellos da provincia dende o ano 2017. Ben, que cualificou a acción dun feito “sen precedentes” na historia da Deputación da Coruña e que recorda que esas obras son accións levadas a cabo polos concellos e non pola institución provincial, denunciou que se trata dun envío que vulnera a Lei Electoral, tendo en conta que os veciños recibiron a publicación en pleno período de sombra tras a convocatoria das eleccións autonómicas para o próximo 18 de febreiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha