Diego Calvo encabezará a lista coa que Partido Popular da provincia da Coruña concorrerá ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 18 de febreiro. Vicepresidente da Xunta de Galicia e líder dos populares na provincia, Calvo será o número un dunha candidatura que renova os seus integrantes nun 59% respecto á anterior cita coas urnas galegas. En concreto, os populares presentan 17 caras novas nunha lista composta por 29 persoas -25 titulares e 4 suplentes-, das que 15 son homes e 14 son mulleres, que representan todos os ámbitos e sectores da sociedade galega.
Relevancia de candidatos/as da Costa da Morte
O carballés Rubén Lorenzo pasa do posto 16 ao 13, e a camariñá, Paula Mouzo, do 23 ao 14, en ambos os casos en postos de saída. O portavoz do PP de Cee, Jesús Picallo, no 22. No 23, está Daniel Remuiñán Graña, da Laracha, integrante da súa última lista municipal (no posto 15), e péchaa, no 25, Sandra Vilela, de Muxía , actual deputada, que repite o posto do 2020. Entre os suplentes está Noelia Santos, de Zas.
Lista completa
- Diego Calvo Pouso
- Paula Prado
- Ánxeles Vázquez
- Martina Aneiros
- Borja Verea
- Ethel Vázquez
- Fabiola García
- Miguel Corgos
- María Jesús Lorenzana
- Gonzalo Trenor
- Roberto Rodríguez
- Carmen Pomar
- Rubén Lorenzo
- Paula Mouzo
- Luis Teira
- Cecilia Vázquez
- Ángel Rodríguez
- Pablo Prieto
- Jesús María Fernández
- María Magdalena Pérez
- Nazareth Cendán
- Jesús Picallo
- Daniel A. Remuiñal
- David Neira
- Sandra Vilela
Suplente 1 María José Carreira
Suplente 2 Rogelio Lema
Suplente 3 Noelia Santos
Suplente 4 Fernando Vilaboy