54
O PPdeG proclamou oficialmente este sábado a Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidencia da Xunta para os vindeiros comicios. Foi un acto celebrado no Auditorio do Mar de Vigo, no que Feijóo propuxo ser un «presidente para todos». Rodeado de bandeiras galegas, un par de España e unha de Venezuela. Como primeiro lema, «Galicia é moito», o mesmo do vídeo do candidato co actor Luis Zahera divulgado a finais de decembro.