O PP reclama que a Deputación da Coruña poña en marcha as obras da senda de Lestimoño, en Ponteceso

1 minutes read

O portavoz dos populares, Evaristo Ben, critica que a veciñanza de concellos como o de Ponteceso non poidan ver rematadas actuacións aprobadas hai meses pese a existencia de fondos provinciais para levalas a cabo. Ben aproveitou unha das súas intervencións no pasado pleno para cargar contra o goberno encabezado por Valentín González Formoso ao que acusou de falta de “dilixencia” á hora de poñer en marcha proxectos que levan moito meses aprobados. Ben aproveitou a súa intervención para solicitar tamén que o Goberno provincial estude a posibilidade de cambiar a súa intención de reasfaltar a DP-1601, que une Ponte do Porto e Camelle, por un proxecto “máis ambicioso” como reclama a veciñanza. “Falamos dun tramo con curvas perigosas, cun índice de sinistralidade importante e os veciños consideran que o reasfaltado non será suficiente”, apuntou o popular, quen incidiu en que o pleno local xa aprobou por unanimidade solicitar outro tipo de actuación para, desta maneira, non “malgastar o diñeiro” nun proxecto que podería non solucionar o problema de seguridade viaria. O líder do PP provincial conclúe recomendándolle á deputada de Vías e Obras cambiar de responsabilidade e asumir unha que lle permita compatibilizar as súas obrigas como alcaldesa de Vimianzo coa súa tarefa na institución provincial.