O PP recollerá as demandas ós Orzamentos do Estado de 93 concellos da provincia de A Coruña

1 minutes read

As deputadas nacionais do Partido Popular na provincia de A Coruña, Marta González, Tristana Moraleja e Valentina Martínez, iniciarán nas próximas semanas unha rolda de contactos cos alcaldes e portavoces que a súa formación ten ao longo dos 93 municipios coruñeses para recoller as demandas e necesidades que estes concellos teñen, co obxectivo de preparar unha batería de propostas coas que emendar uns Orzamentos Xerais do Estado que estas suxiren que non favorecen á provincia da Coruña.

Do mesmo xeito que sucedese o ano pasado, con esta iniciativa, os populares queren coñecer de primeira man o estado no que se atopan os investimentos comprometidos nas contas do ano 2022 e, á súa vez, cuantificar e saber os proxectos que non foron incluídos no documento económico planificado do 2023 para, desta maneira, tentar incluílos no período de emendas que se abre antes da aprobación definitiva das contas.

Por este motivo, as deputadas nacionais do Partido Popular traballarán para recompilar todo aquelo que lles demanden desde os municipios coruñeses. “Non imos quedar de brazos cruzados. Nós traballaremos para que escoiten as demandas dos nosos municipios”, apuntaron.