O candidato do Partido Popular á alcaldía de Carballo, Aurelio Núñez, reiterou este mércores o apoio da súa formación á continuidade do Casino de Carballo.
Fundado no ano 1889, os populares subliñaron que a entidade supón un “orgullo” para a sociedade carballesa e lembraron que a súa formación xa apoiou o seu labor desta cun escrito aprobado no pleno municipal no ano 2017. “O Casino de Carballo é patrimonio de todos os carballeses.
É unha institución que xogou un papel moi importante a nivel social e asociativo e todos debemos poñer o noso graniño de area para que así siga sendo”, afirmou Núñez. Neste sentido, o candidato á alcaldía incidiu en que hai dous anos, o por entón presidente da entidade, Ricardo Vilas, xa levou a cabo unha campaña contra o desaloxo do Casino da actual sede, unha labor que está a continuar o seu sucesor no cargo Lorenzo Fernández.