O PP rompe con Jácome en Ourense

Nova fase na crise política en Ourense, O PP fixo pública a «suspensión temporal» do seu pacto con Democracia Ourensana para gobernar Ourense tendo en conta que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, desa formación independente, foi denunciado por cinco dos seus edís pola xestión das contas, polo que a guerra polo control da cidade continúa. O presidente local do PP e coordinador do grupo municipal, Jesús Vázquez Abad, foi o encargado de anunciar a decisión nunha rolda de prensa este martes en que informou da renuncia dos edís deste partido ás competencias delegadas neles por falta de confianza no rexedor. Pla súa banda o Bloque Nacionalista Galego levará á próxima sesión da corporación unha moción onde solicitará a dimisión de Jácome, ao que calificaron de «xoguete nas mans do PP».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha