- Aseguran que a medida é un “golpe máis” para unha comarca que xa está a ser “gravemente prexudicada” coa “incautación” dos remanentes municipais
O Partido Popular da Costa da Morte cargou este martes contra o Goberno español tras coñecer a intención do executivo central de pechar o Instituto da Mariña (ISM) con sede no Concello de Corcubión.
O ente, dependente do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, resulta fundamental, aseguran os populares, para o sector marítimo da comarca, xa que alí realízanse e xestiónanse as revisións médicas, as baixas laborais e as solicitudes e información sobre pensións e asuntos similares.
De confirmarse, desde o Partido Popular aseguran que a medida é un “golpe máis” para a comarca por parte dun executivo central que, tal e como lembran, xa está a ser “gravemente prexudicada” con decisións como a “incautación” dos remanentes municipais ou a modificación da normativa de Costas que pon en perigo centos de postos de traballo nas piscifactorías da zona.