74
O viceportavoz popular na Deputación da Coruña, Evaristo Ben, tilda como “abandono” a situación na que se atopa a institución por parte do presidente provincial, calificando de “desvergoña” que presuma de xestión provincial cando o seu executivo acumula nos bancos máis de 190 millóns de euros de partidas sen executar durante o seu mandato, dixo o popular. «O único problema que existe é o dun presidente ausente, que renunciou ás súas obrigacións e ao que a institución só interésalle para promocionar a súa figura en aras dun interese político persoal”, sentenciou.