O PP trasladará a necesidade de acometer ‘melloras urxentes’ na N-550 en Oroso

O candidato do Partido Popular no Concello de Oroso nas eleccións locais do próximo mes de maio, Alex Doval, anunciou que a súa formación trasladará ao Senado a necesidade de acometer “melloras urxentes” no mantemento da estrada N-550 ao seu paso polo municipio. O cabeza de lista dos populares, aproveitou a visita da senadora da súa formación, Verónica Casal, para denunciar unha vez máis o estado “lamentable” no que se atopa esta estrada de titularidade estatal que atravesa as parroquias de Trasmonte, Deixebre, Oroso e o núcleo urbano de Sigueiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha