O PP únese a dous tránsfugas do PSOE para conseguir a alcaldía de Manzaneda

  • Os dous votos do PP, sumados aos dous dos non adscritos, superarían aos tres do PSOE.

O Partido Popular no Concello de Manzaneda presentou unha moción de censura para retirarlle a alcaldía ao socialista Amable Fernández, tal e como informa esta formación política. O escrito da moción recolle como candidato á alcaldía ao actual portavoz popular, Pedro Yáñez Salgado, apoiado pola concelleira do PP Verena Yáñez Álvarez e os edís non adscritos Miguel Domínguez Hervella e Antonio Núñez Estévez, ata xullo nas filas do grupo socialista e que optaban por deixar o grupo de goberno. Os asinantes da moción consideran que o relevo na alcaldía débese “á ausencia dunha folla de ruta clara, que impide dar resposta ás necesidades da poboación, sen proxectos de dinamización económica ou social”. Ante esta situación, explican os edís que asinan a moción, “é imprescindible un cambio de rumbo que recupere o diálogo, a planificación e a estabilidade institucional”.

Related posts

Medio Rural reforza a súa coordinación coa UME na loita contra os incendios forestais

UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

Falece o condutor dun vehículo tras unha saída de vía en San Cibrao das Viñas