44
En conexión coas catro provincias galegas, segundo Feijóo, o seu equipo está preparado para dar certezas, máis que os restantes partidos xuntos e reivindica a súa experiencia para presidir a Galicia posterior á covid-19. Afirma que ten máis forzas e ganas que cando chegou á Xunta e que a política ten sentido nos momentos de dificultade coma este. O lema do PPdeG nesta campaña será «Galicia, Galicia, Galicia».