O PPdeG celebrou unha ofrenda floral en Padrón en homenaxe a Rosalía

0 minutes read

O PPdeG celebrou en Padrón unha ofrenda-homenaxe á gran poeta galega Rosalía de Castro, referente da nosa literatura, conmemorando que esta semana se cumpren 185 anos do seu nacemento. O número dous do partido, Miguel Tellado, puxo en valor o legado de Rosalía de Castro, que é unha fonte de inspiración en toda España e un motivo de fondo orgullo para Galicia, engadindo tamén que a súa traxectoria é símbolo do mellor da nosa cultura, un punto de encontro e un referente de que as linguas son ferramentas para unir aos pobos, nunca para dividilos.