Así o puxo de manifesto a secretaria xeral Paula Prado na visita que realizou este mércores a Camariñas xunto á líder local do partido, Paula Mouzo, os integrantes do grupo municipal e outros representantes do PP na comarca, así como o secretario xeral provincial Evaristo Ben. Unha visita na que reivindicaron que o PPdeG “é o partido que máis se preocupa por Camariñas e pola Costa da Morte”.
Citou como exemplo disto o feito de que os populares galegos levaron ao Parlamento demandas que foran trasladadas polos seus representantes municipais na comarca e que se traduciron na aprobación –por unanimidade– de iniciativas nas que se reclamaba unha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Camariñas e o reforzo e ampliación dos medios persoais, materiais e tecnolóxicos deste corpo.
Tamén por unanimidade e por iniciativa do PPdeG, o Parlamento ten solicitado ao Goberno central que estableza como principais os postos da Garda Civil de Vimianzo e Corcubión, de xeito que se poidan dotar dun maior número de efectivos.
“Son cuestións imprescindibles para o reforzo da seguridade no litoral galego, pero o Goberno de Sánchez, que é o que ten as competencias, non parece querer atendelas”, denunciou ao tempo que afeaba á alcaldesa socialista de Corcubión “non parecer moi preocupada” por esta cuestión e facía un chamamento a demostrar “unha postura firme de todos” contra a lacra do narcotráfico.