O PPdeG confirma a Feijóo como candidato, que loitará por acadar o récord de Fraga

1 minutes read

Alberto Núñez Feijóo, anunciou este martes que presentará de novo a súa candidatura á Xunta coa intención de aspirar a un cuarto mandato á fronte do Executivo autonómico nas eleccións previstas para o 5 de abril. Durante un discurso ante a Xunta Directiva autonómica do PP no hotel Palacio do Carmen, Núñez Feijóo, anunciou o que todo o partido esperaba e daba por feito desde hai meses, que está ao dispor da súa organización política para ser de novo candidato. Deste xeito, o Comité Electoral Nacional do PP, que se reunirá este mesmo martes, ratificará a candidatura de Núñez Feijóo, que tratará de igualar o récord de Manuel Fraga con catro mandatos á fronte da Xunta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?