O PPdeG constituíu o Foro de alcaldesas do partido que, segundo informan, nace cun dobre obxectivo: escoitalas como rexedoras para coñecer de primeira man as súas necesidades, os problemas que poden xurdir no territorio e ser capaces de anticiparse a eles; e escoitalas como mulleres para compartir opinións sobre os retos que hai que enfrontar no ámbito da igualdade.
Este espazo de traballo, que está coordinado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, está conformado por 23 rexedoras. “Trataremos de traballar para ir implicando aos compañeiros e compañeiras na visión de exercer a política municipal. Queda camiño por percorrer pero hai que facelo da man de todos e de todas”, sinalou Ramallo tras salientar a importante resposta dada desde os concellos ante a pandemia e a necesidade de que este Foro sexa cada vez más grande.