25
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou que os populares “recollerán os froitos” de todo o esforzo demostrado polos candidatos ás Alcaldías e impulsarán neste curso político o seu poder municipal. Animou a seguir traballando desde “a responsabilidade, a coherencia e sinceridade” para acadar a confianza da xente.
Así se expresaba no acto de inicio de curso político celebrado en Cerdedo-Cotobade no que, acompañado de Alberto Núñez Feijóo e ante preto de 1.500 asistentes, agradeceu a xenerosidade e o enorme traballo dos candidatos do PPdeG e dos seus equipos ás eleccións municipais, conscientes de que deben gañar o vindeiro 28 de maio coa maioría suficiente para poder gobernar os seus concellos.