Os populares galegos denuncian que a oposición en Galicia está desaparecida en plena pandemia. O número dous do PPdeG, Miguel Tellado, di que está especialmente preocupado pola deriva do Bloque Nacionalista Galego. Anunciou que os populares levarán a todos os concellos de Galicia a declaración institucional en contra da violencia e en defensa das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que os nacionalistas bloquearon no Parlamento. Segundo apuntou Tellado: “Encontrámonos co Bloque Independentista Galego porque o seu plan é o mesmo que o dos secesionistas e radicais de Cataluña e País Vasco, bloquealo todo e confrontarnos a todos para sacar réditos políticos da división e o enfrontamento”. Polo que lle pediu á formación de Pontón «que recapacite e que volva á senda da legalidade e a convivencia».