37
Catro mulleres acompañarán a Alberto Núñez Feijoo como cabezas de lista nas candidaturas provinciais que o partido Popular de Galicia vai presentar para as eleccións autonómicas. Son Ánxeles Vázquez, Elena Candia, Marisol Díaz e Corina Porro. Das catro destacou Feijóo a súa experiencia política e de xestión, así como o seu compromiso para servir a Galicia por riba de todo. A formación popular é a última, das que ten representación parlamentaria, en dar a coñecer as súas primeiras espadas, posto que as demais organizacións políticas xa o fixeron, así como tamén a composición das candidaturas, algunhas con máis detalles que outras.