O PPdeG presentará unha moción para incrementar as mesas nas terrazas

O PPdeG presentará unha moción nos concellos para modificar os espazos públicos dispoñibles que permitan incrementar o número de mesas en terrazas dos establecementos de hostalería e resolver as solicitudes de permiso coa máxima celeridade posible. Os populares amosan así o seu apoio incondicional a un dos sectores máis castigados por esta pandemia como é o da hostalería, desempeñado por un amplo número de autónomos ou pequenas empresas que xeran moitos empregos nos concellos galegos. Estes establecementos hostaleiros estanse vendo privados de gran parte da súa facturación anual polo peche obrigado durante a Semana Santa e estes meses de primavera. Ademais, a gran maioría deben afrontar gastos operativos fixos, como os financeiros, de alugueiro ou tributarios, que comprometen seriamente a súa viabilidade económica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha