O Partido Popular de Galicia prevé presentar todos os seus candidatos ás alcaldías antes de que remate este ano, segundo avanzou este mércores o presidente da formación, Alfonso Rueda, antes de presidir o Comité de Dirección do partido que se celebrou en Santiago.
Tras lembrar que son a única formación que deu a coñecer os candidatos ás eleccións municipais de maio do 2023 nas sete cidades galegas, Rueda dixo que a intención do partido é presentar os de todos os concellos para «donde gobernan explicar o que queren seguir facendo, e onde somos oposición presentarnos como unha alternativa sólida».
O presidente dos populares galegos tamén adiantou que vai percorrer as catro provincias para explicar os orzamentos da Xunta para o ano que vén e porque «o partido quere escoitar suxestións a estas contas agora que empeza o trámite parlamentario».