O Parlamento de Galicia rexeitou cos votos en contra do PPdeG fronte ao apoio da oposición, unha proposición non de lei presentada polo BNG que reclamaba que a Xunta custease as máscaras que deben empregar obrigatoriamente os nenos galegos para acudir aos centros escolares.
A iniciativa rexistrada polo BNG instaba o Goberno galego a asumir as súas competencias educativas e «facerse cargo» do custo destas máscaras «por ser un elemento imprescindible para garantir o dereito fundamental á educación», xa que sen as mesmas non se pode acceder aos centros educativos.
A negativa do grupo do PPdeG impediu que prosperasen estas reclamacións, despois de que o parlamentario Ovidio Rodeiro expuxese que o uso de máscaras ten un «impacto económico» nas familias anterior ao comezo da actividade escolar, dado que son obrigatorias en calquera outro contexto.