O Premio do Público e da Escola do Espectador entran no FIOT

1 minutes read
  • Todos os sábados de outubro, de 12.00 a 13.00 horas, as persoas afeccionadas ao teatro teñen unha cita con Camilo Franco en A Barra Bar.

O Premio do Público Outono de Teatro 2019, é o sistema mediante o cal as e os asistentes achegan a súa opinión sobre os distintos espectáculos que se representan no Pazo da Cultura. A compañía que reciba a maior puntuación entre as nove que conforman este ano esta liña da programación obterá un recoñecemento en forma de convite para participar nunha futura edición do festival cunha nova creación escénica.

Tamén arrinca esta fin de semana a Escola do Espectador, unha proposta que pretende achegar o feito teatral ao público dun xeito próximo e sinxelo. Esta edición da Escola do Espectador abordará unha cuestión particular sobre o teatro político ou social e como este se foi adaptando á última crise.