O presidente andaluz ábrese a modificar o seu plan de regadíos de Doñana

O presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, anunciou este venres que a próxima semana reunirase co comisario europeo de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius, para estudar a situación de Doñana e pedir que lles traslade «exactamente aquelo co que non está de acordo» para poder «modificalo». Á reunión en Bruxelas asistirá o conselleiro de Medio Ambiente, Ramón Fernandez-Pacheco, quen pedirá a Sinkevicius «que nos traslade dos 25 folios deste proxecto de lei, que está agora mesmo no Parlamento de Andalucía, exactamente aquelo co que non está de acordo, para estudalo e modificalo», asegurou Moreno. O presidente andaluz insistiu en que se trata de «un proxecto de lei» e que, «por tanto, é susceptible de modificacións e cambios».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha