- Nunha reunión tratouse o futuro máis inmediato dos municipios da zona e o plan a seguir para afrontar nas vindeiras datas
O presidente da Deputación de Coruña, Valentín González Formoso, visitou este xoves a localidade de Muxía e mantivo unha xuntanza con varios rexedores socialistas da Costa da Morte para marcar a folla de ruta a seguir nas vindeiras datas, co obxectivo de paliar os efectos da crise xerada pola Covid19 no futuro máis inmediato. No acto puxéronse enriba da mesa diversos temas nos que destacaron economía e turismo, principalmente.
A reunión tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía (Sala do Voluntariado) e na mesma participaron, ademais do alcalde de Muxía, Iago Toba, os rexedores/as dos concellos de Camariñas, Sandra Ínsua; Vimianzo, Mónica Rodríguez; Corcubión, Lalo Ínsua; Dumbría, José Manuel Pequeño; Fisterra, José Marcote; e Zas, Manuel Muíño.
O rexedor muxián valorou moi positivamente os temas tratados nesta reunión e manifestou que era «un privilexio que todos os rexedores e rexedoras esteamos en tan estreito contacto porque iso permite un impulso, non só para o noso municipio, senón tamén para toda a contorna da Costa da Morte”.