O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes visita o MACCMO de Ponteceso

0 minutes read
  • Manuel Quintana puido desfrutar da mostra itinerante ‘Facer Camiño’, que estará no museo ata este domingo 17

O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, visitou este luns o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte – MACCMO. Acompañado polo alcalde, Lois García Carballido, o convidado puido desfrutar da mostra itinerante ‘Facer Camiño’ composta por 23 pezas de diferentes artistas e académicos galegos en relación ao Camiño de Santiago.

A exposición permanecerá no MACCMO ata este domingo 17.