O presidente da Xunta acompañará a numerosos profesionais no I Encontro Médico de Bergantiños

A cita terá lugar o vindeiro sábado 16 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo, onde ademais de Alberto Núñez Feijóo tamén estará o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que á súa vez é médico Licenciado en Medicina e Ciruxía Xeral.

Dr. Juan Carlos Díaz del Valle, organizador do I Encontro Médico de Bergantiños.

O acto dará comezo ás 9 da mañá, haberá unha charla baixo o lema ¿A que se dedican algúns dos médicos bergantiñáns?, nel participarán os doutores Jesús Herranz González-Botas (Otorrino), María José García Antelo (Neuróloga), Gloria Fraga Rodríguez (Pediatra) e Pablo Miramontes González (Internista), que farán unha reseña do que están a facer no seu día a día..

As 10:30, o profesor e historiador carballés Xan Fraga Rodríguez dará unha conferencia cunha visión histórica e social da medicina en Carballo a finais do século XIX e principios do XX.

O evento continuará cunha conferencia maxistral sobre humanismo do Dr. Alfonso Solar Boga, Medalla de Ouro e Brillantes do Colexio de Médicos e Pediatras, responsable de Gastroenterología pediátrica do Hospital Teresa Herrera de A Coruña.

Seguramente a parte máis emotiva deste encontro terá lugar ás 12:15 horas cunha homenaxe a unha figura histórica da medicina e a colaboración social en Carballo, como foi o desaparecido médico carballés Eduardo Mariño.

A clausura será ás 13:30 horas, de seguido terá lugar un xantar de confraternización no restaurante Punta del Este.

A organización do evento corre a cargo dos Drs. Alejandro Ávila Álvarez e Juan Carlos Díaz del Valle, ademáis do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha