O presidente de Alxeria visita no hospital ao líder do Fronte Polisario


O presidente de Alxeria, Abdelmadjid Tebboun, visitou ao líder do Fronte Polisario, Brahim Gali, na clínica de Alxer na que se recupera da COVID-19, tras o seu complexo e embarazoso paso por España. Tebboun acudiu ao centro acompañado polo xefe do Exército alxerino, Said Chengriha, un dos homes máis poderosos do país. Ambos son amigos persoais de Gali. Con este xesto, Alxeria volve mostrar o seu respaldo pechado ao Polisario, que defende a independencia do Sahara Occidental, fronte a Marrocos. Tebboun tamén eloxiou a decisión do líder da Fronte Polisario de responder os requirimentos da Xustiza española. Lembremos que, antes de abandonar España, Gali prestou declaración en relación con dúas querelas que lle acusaban de presuntos delitos de lesa humanidade, tortura e represión de opositores saharauís.