O presidente do Goberno de Canarias, Fernando Clavijo, espera ter unha resposta inmediata do Estado para mitigar a «situación insostible» pola chegada de migrantes ás súas costas. Clavijo suspendeu a súa axenda este luns para viaxar á illa do Hierro. Anunciou que tentará poñerse en contacto co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para conseguir unha solución. O que máis lle preocupa a Clavijo son os menores: «Xa non só se trata de trasladar aos adultos, que se teñen que trasladar con celeridade, senón que a situación dos menores non a podemos asumir por algo tan básico como é garantir os dereitos de eses nenos». Ademais, engade que as Ong xa non poden máis. Por iso, afirma que lle toca ao goberno central pasar á acción. «Vén a ministra (Sira Rego) en dous días, eu espero que vinga cunha proposta debaixo do brazo», reiterou o presidente de Canarias.