39
- Elévase a 18 o número de mortos nas protestas.
Sebastián Piñera, anunciou a creación dunha «axenda social» que inclúe, entre outras medidas, a subida do salario mínimo, tras as recentes protestas que comezaron a semana pasada pola subida do prezo do billete de metro e que deixan xa 18 mortos e preto de 2.000 detidos.
Nunha rolda de prensa, o mandatario chileno anunciou a creación dun ingreso mínimo garantido, concretamente de 350.000 pesos (433 euros), así como maiores impostos a sectores de maiores ingresos e a creación dun mecanismo de estabilización que anula o aumento dun 9,2 por cento nas tarifas eléctricas. Así mesmo, Piñera pediu perdón aos chilenos por non ser capaz de «recoñecer a situación de inequidade e abuso».