O presidente de Colombia cede e retira a súa reforma tributaria tras catro días de protestas

1 minutes read

Iván Duque dá marcha atrás. O presidente colombiano retirou a súa polémica reforma tributaria despois de catro días de multitudinarias protestas e enfrontamentos violentos, que deixaron un regueiro de mortos e feridos.

«Solicítolle ao Congreso da República a retirada do proxecto radicado polo ministerio de Facenda e que trasmita de maneira urxente un novo proxecto froito dos consensos e así evitar incerteza financeira», proclamou o presidente.

Duque quería que este fóra o seu proxecto estrela. Con el pretendía tapar o buraco nas arcas do Estado debido á pandemia. Con todo, a perspectiva dunha subida de impostos que golpease aos máis humildes e ás clases medias, os que máis están a sufrir os efectos da crise económica, lanzou a decenas de miles de colombianos á rúa.

A par da mobilización cidadá, chegaron os saqueos e desfeitas, e tamén os enfrontamentos, que deixaron polo menos seis mortos, segundo organizacións de dereitos humanos, así numerosas acusacións de abusos contra as forzas de seguridade.