O presidente de Colombia, Iván Duque, visita Galicia


A visita de Iván Duque converteuse na primeira dun presidente a Galicia. Iván Duque veu con parte do seu Goberno para reforzar as relacións empresariais. Mentres se reunía con Feijóo, dous dos seus ministros visitaban un dos parques eólicos galegos máis importantes na procura de aliados. O presidente de Colombia animou as empresas pesqueiras e da construción, xa moi presentes no seu país, a seguir investindo alá. Tamén falaron de facer intercambio de estudantes entre Galicia e Colombia e de impulsar as coproducións audiovisuais. Iván Duque dixo ademais que lles interesa a experiencia galega en tecnoloxías da saúde, como a historia clínica electrónica. Duque convidou a Feijóo a visitar Colombia o antes posible cunha delegación empresarial para impulsar os negocios entre as dúas terras. “Eu aceptei con moito gusto e agardo e desexo poder velo. Poñémonos á disposición do goberno colombiano”, afirmou o presidente da Xunta.