O presidente de Corea do Sur de visita en España


Os reis de España recibiron este martes no Palacio Real de Madrid ao presidente surcoreano, Moon Jae-in. Felipe VI e Letizia deron a benvida oficial a Moon e á súa esposa, Kim Jung- sook, no tradicional acto con honras, ao que asistiu o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.

Ante a fachada principal do palacio, os reis saudaron ao mandatario surcoreano e a primeira dama coa man no corazón, os catro con máscaras, antes de escoitar os himnos nacionais. Ademais de Sánchez, asistiron responsables dos poderes lexislativo e xudicial e a ministra de Asuntos Exteriores de España, Arancha González Laya, entre outras autoridades.

O presidente surcoreano, chegou procedente de Austria xunto a varios ministros. Será unha estancia de tres días en Madrid e Barcelona, unha visita cunha axenda cargada de citas empresariais para acordos económicos. Tras a viaxe que os reis de España fixeron a Seúl en outubro de 2019, a de Moon estaba programada para o ano pasado ano con motivo do 70 aniversario das relacións bilaterais, pero a pandemia aprazouna.