O presidente de México propón facer ‘unha pausa’ nas relacións con España

O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, propón facer “unha pausa” nas relacións entre España e o seu país. Un parón necesario, segundo o mandatario, para deixar atrás unha etapa na que, afirma, autoridades e empresas españolas aproveitáronse de México. O mandatario mantén que ambos os países deben darse un tempo para “respectarse” e que España deixe de ver a México como “unha terra de conquista”. Un parón que, segundo di, pode durar ata que cambie o Goberno de México.

O presidente quixo lembrar os supostos casos de corrupción das empresas españolas durante os Gobernos anteriores. López Obrador mantivo que as compañías españolas ven en México “unha terra de conquista e saqueo”, e fixo especial referencia á reforma enerxética de 2013, coa que se permitiu a entrada do sector privado á industria. Obrador afeou repetidas veces a España que non pida perdón polas atrocidades cometidas durante a conquista de América, algo que pediu en 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha