O presidente de Portos de Galicia tomou nota das necesidades do porto de Caión

1 minutes read

José Antonio Álvarez Vidal, mantivo en Caión unha reunión cunha ampla representación do goberno local da Laracha encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela.  Tamén participou o presidente da Confraría de Pescadores da vila, Héctor Morgade.

Durante o encontro fixeron un percorrido polas instalacións portuarias caionesas para comprobar o estado actual de conservación dos diferentes espazos e equipamentos, o que lles permitirá determinar que intervencións son prioritarias tanto nas infraestruturas do peirao como para a optimización dos servizos que se ofrecen ás embarcacións.

Os representantes do Concello, de Portos de Galicia e da Confraría de Pescadores mostraron a plena vontade de cooperar na procura do propósito común de mellorar o espazo portuario para facilitar a actividade que alí desenvolven os profesionais da pesca e as embarcacións de recreo, pero tamén en beneficio da veciñanza en xeral e do sector turístico que conforma un dos principais motores económicos para a vila de Caión.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?