O presidente do Fuenlabrada faise socio do Deportivo e indigna á afección coruñesa

Foto.- Fuenlabrada_CF

Jonathan Praena, presidente do Fuenlabrada, volveu a indignar a todo o deportivismo. Como adiantou o diario As, fíxose socio do Deportivo no que claramente é unha burla cara á entidade coruñesa tras o seu descenso a Segunda División B. Segundo a imaxe publicada polo citado medio, é o socio número 26.334 do conxunto coruñés. Isto non sentou ben en ningún dos estamentos do Deportivo. Non o fixo entre a directiva, nin tampouco entre a afección do conxunto coruñés que ven esta acción como unha burla máis do presidente do Fuenlabrada.