O presidente do Goberno augura que 2023 será ‘o ano do gran impulso’ do turismo


Pedro Sánchez, sinalou na 43.ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) que, se 2022 será lembrado como o ano da recuperación tras a pandemia, “2023 ten que ser o ano do gran impulso” ao sector, que volverá a cifras récord de turistas e gasto. O xefe do Executivo resaltou que xa o ano pasado o sector conseguiu alcanzar o seu máximo histórico de empregos, con máis de 2,4 millóns de afiliados. “Grazas á aplicación da reforma laboral, o sector reduciu a temporalidade en 21 puntos”, valorou, nun acto que contou coa presenza da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.