Pedro Sánchez, sinalou na 43.ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) que, se 2022 será lembrado como o ano da recuperación tras a pandemia, «2023 ten que ser o ano do gran impulso» ao sector, que volverá a cifras récord de turistas e gasto. O xefe do Executivo resaltou que xa o ano pasado o sector conseguiu alcanzar o seu máximo histórico de empregos, con máis de 2,4 millóns de afiliados. «Grazas á aplicación da reforma laboral, o sector reduciu a temporalidade en 21 puntos», valorou, nun acto que contou coa presenza da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.