Pedro Sánchez interveu este martes no Congreso dos Deputados para recalcar o apoio de España ao goberno de Ucraína e aos seus cidadáns, tras a comparecencia telemática do presidente do país, Volodímir Zelenski, que abordou os últimos acontecementos da guerra en Ucraína e pediu o apoio de España.
Sánchez reiterou a Zelenski a admiración dos españois polo exemplo de dignidade e resistencia coa que el e o seu pobo «están a defender a liberdade e a democracia» fronte á brutal agresión de Rusia.
O presidente Zelenski lembrou que os ucraínos, que están a sufrir a guerra de Putin desde hai 42 días, queren a paz e un país sen ditadura. Zelenski detallou que Rusia está a atacar os valores nos que se basea a Unión Europea, como son a democracia e os dereitos humanos, a seguridade familiar e o dereito dos ucraínos para ter un futuro.
O presidente do Goberno concluíu a súa intervención mandando unha mensaxe de apoio ao presidente e á poboación ucraína: «Presidente Zelenski, conte con España para afrontar esta tráxica agresión e as súas consecuencias. España está e estará sempre co pobo ucraíno».