O presidente francés afirma que Putin ‘espertou á OTAN’

É o que dixo Emmanuel Macron, no foro de seguridade rexional Globsec que se celebra en Bratislava. Insistiu na súa idea de construír unha «Europa da Defensa» catro anos despois de dicir que a alianza militar estaba morta.

«Pronunciei en decembro de 2019 unha frase dura con respecto á OTAN, subliñando nese momento lémbrolles as divisións que existían no seu seo, entre Turquía e varias outras potencias, falando de ‘morte cerebral’. Hoxe podería dicir que Vladimir Putin espertouna co peor electroshock».

O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, organiza unha reunión informal de dous días dos ministros de Asuntos Exteriores da OTAN en Oslo para debater a situación en Ucraína. Os membros da Alianza acordaron en principio que Ucraína se incorpore á OTAN unha vez acabada a guerra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha