Emmanuel Macron, nunha esperada mensaxe á nación no que deu conta dos avances na loita contra a pandemia da COVID-19, anunciou a prorroga da corentena ata o próximo 11 de maio. O mandatario tivo palabras de agradecemento para todos os que seguiron traballando para que o país funcione e tamén para aqueles que se quedaron nas súas casas, impedindo que se propague a enfermidade. Macron afirmou que Francia investirá masivamente para buscar unha vacina contra a COVID-19. Gañaremos a batalla, pero quédannos moitos meses de convivencia co virus.